galego
español
 

 
 


casalnovo@casalnovo.es       Tf. 689675800       fax 988324246


Denominación de  orixe VALDEORRAS


Nacemos co século


       No ano 2000 naceu a ADEGA O CASAL, S.A.T. (Sociedade Agraria de Transformación). Formada por cinco socios guiados polo maior respecto coa tradición da que se sinten testemuñas e movidos por un grande amor á terra.   










CASAL NOVO GODELLO

Viño monovarietal da casta "GODELLO", autóctona de Valdeorras, de extraordinaria cualidade.   Ben equilibrado, elegante, con agradabilísimos aromas frutais e florais, armonioso e moi gustoso en boca.                                   








CASAL NOVO MENCÍA

Viño monovarietal da casta "MENCÍA", tradicionalmente traballada para facer os mellores tintos de Galicia.  Presenta unha belísima cor púrpura, aromas de froitas vermellas, maduras.  Sabroso e equilibrado e de agradecido paso en boca.


A ADEGA O CASAL

Comezando coas viñas herdadas dos antergos e crecendo a modo. Con traballo  feito con agarimo de artesáns.  Combinando o saber tradicionlal cos imprescindíbeis avances tecnolóxicos. O obxectivo é  facer un viño especial para paladares moi esixentes.

VIÑEDOS

Nas viñas de VALDEGOLLUFE, A PONTICELA, VALDESEARA,..., todas  no concello de Rubiá (Valdeorras) cultivamos, de forma selectiva, individualizada e respectuosa co medio ambiente, as uvas coas que se elabora o extraordinario viño CASAL NOVO



LOCALIZACIÓN

En Rubiá, nas terras altas da bisbarra de Valdeorras (550 m. de altitude media). En terrenos ideais para a viticultura, nos que unha combinación de solos mesturados de calizas terciarias e sílice (pizarrosos), mais un clima con  unha notábel luminosidade ó longo de todo o ano, forman as condicións nas que se producen os nosos espectaculares viños.




23310 Rubiá de Valdeorras (Ourense)                                                    Tf.689675800  Fax 988324286                                                                  email:casalnovo@casalnovo.es




 
   
Top